Tuesday 02 de July de 2024

Inauguración da exposición colectiva do Obradoiro de fotografía dixital de Ocioleiros na Fábrica


O martes 25 de xuño ás 20:30h inaugúrase a exposición colectiva do obradoiro de fotografía dixital de Ocioleiros dirixido por David Balado no Centro Cultural A Fábrica, en Perillo.

A exposición permanecerá no Centro Cultural a Fábrica (Rúa do Inglés, 13, Perillo) desde o 25 de xuño ata o 1 de xullo para que todas aquelas persoas que o desexen poidan visitala en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

Deja un comentario